jueves, 11 de diciembre de 2008

Xa chegou o Nadal a Primeiroá

Os veciños de Primeiroá estivemos decorando a clase coa árbore de Nadal e outros debuxos.
Fixemos tarxetas de Nadal coa profe de relixión e coa nosa titora.
Estamos preparando unhas panxoliñas e unha poesía para o día do festival que é o día 19.

miércoles, 10 de diciembre de 2008

Intercambio cos nenos e nenas de Monforte

Os nenos e nenas de Primeiroá imos facer un intercambio cos nenos e nenas de primeiro do Colexio Novo de Monforte.
Os veciños de Primeiroá preparamos unha presentación de cada un de nós e tamén fixemos unha tarxeta de Nadal para cada un deles.
Gústanos moito esta idea do intercambio e poder coñecer a outros nenos e nenas.

martes, 9 de diciembre de 2008

O cociñeiro de contos


Hoxe veu un contacontos ao colexio.Dixo que era o "cociñeiro de contos".
Eran contos sobre a xustiza, a igualdade e outros valores.
Gustounos moito e pasámolo moi ben.

miércoles, 3 de diciembre de 2008

Concurso de marcapáxinas

Os nenos e nenas de Primeiroá participamos nun concurso de marcapáxinas convocado polo equipo da Biblioteca.
Nós participamos cos marcapáxinas que podedes ver na marxe dereita.
O marcapáxinas gañador da nosa clase foi o de Lucía.

viernes, 21 de noviembre de 2008

Veciños de Primeiroá

Somos os veciños de Primeiroá: Uxía, Elena, Miriam, Tony, Felix, Miguel, Emma, Sara, Saúl, Gabriel, Andrea, Lucía e Lorena,

Primeiroá


Hoxe á tarde estivemos facendo un mural do noso pobo.
¿Gústavos Primeiroá?


miércoles, 19 de noviembre de 2008

Presentación

Primeiroá é o nome do noso pobo. Primeiroá é un pobo pequeno, de xente pequena. Somos trece, entre homes e mulleres, e todos temos a mesma idade: seis anos, máis ou menos. Primeiroá ten un nome curioso, aínda que non tanto, porque hai outros moitos que rematan coma el: Vilameá, Piñeiroá, Cabreiroá... Este pobo, con estes veciños, non hai moito que existe. De feito formouse en setembro deste ano. E tampouco vai durar moito. Para o ano que vén xa non estará. Nós mudaremos e formaremos un novo pobo. Ao mellor chamámoslle Segundoá. Xa veremos.

Os veciños e veciñas de Primeiroá formamos un grupo moi, moi especial. Temos tres cualidades que nos fan diferentes e que empezan, loxicamente, pola letra "A":


  • Amigos: Por iso todos nos levamos estupendamente, axudámonos canto podemos e procuramos que todos se sintan ben.

  • Amables: Por iso tratamos a todos con cariño e con respecto; nunca pegamos nin insultamos.

  • Aplicados: Por iso nos esforzamos canto podemos por facer tódalas tarefas e por facelas ben.

A verdade é que dá gusto vivir en Primeiroá. Xa vos iremos ensinando algunhas das moitas cousas interesantes e divertidas que facemos en Primeiroá.