lunes, 15 de junio de 2009

Os nosos vermes


Agora xa comen moito.Están moi grandes e gordos.Hoxe ao chegar ao cole, despois de 2 días sin velos, atopámolos moi gordos e xa tivemos que poñerlles máis follas de moreira.

Xogos no patio


O xoves 11 viñeron ao cole os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria de Cea. Estivemos toda a mañá facendo xogos con eles. Pasámolo moi ben e fixemos novos amigos.

viernes, 29 de mayo de 2009

Seguen medrando


Como podedes ver os nosos vermes seguen medrando.
Este luns cando chegamos ao cole tivemos unha sorpresa, naceran dous vermes máis.

viernes, 22 de mayo de 2009

Vermes de seda


Hoxe déronnos cinco vermes de seda.Puxémolos nunha caixa con follas de moreira que é o que comen.Cada semana quitarémoslle unha foto para que vexades como van medrando.

jueves, 21 de mayo de 2009

Semana cultural das Letras Galegas



Con motivo da celebración das Letras Galegas no colexio temos unha semana cultural.Ao longo da semana fóronse facendo diferentes actividades. Hoxe os nenos e nenas de primeiro fomos ver unha obra de teatro: "A ra que odioba a súa lingua", que representaron os nenos e nenas da ESO.
Tamén veu o debuxante Kiko da Silva que nos ensinou como se fan os debuxos dun cómic, gustounos moito e fíxonos un debuxo de Fiz para que quedase no cole.

martes, 12 de mayo de 2009

miércoles, 22 de abril de 2009

martes, 31 de marzo de 2009

Teatro: "Cósima"

Hoxe os nenos e nenas do primeiro ciclo de Primaria fomos ao Auditorio de Ourense ver unha obra de teatro:"Cósima" (do grupo Sarabela).
Gustounos moito e pasámolo moi ben.

miércoles, 25 de marzo de 2009

Intercambio cos nenos/as do CEIP de Monforte

Os nenos e nenas de 1º A estivemos facendo un traballo sobre o noso cole para mandarlles aos nenos/as de Monforte. Esperamos que lles guste e que así poidan coñecer o colexio onde estudamos.
Abaixo podedes ver unha presentación en Power Point do noso traballo.

lunes, 23 de marzo de 2009

miércoles, 11 de marzo de 2009

Traballo na biblioteca

Cando traballamos a unidade didáctica dos animais fomos dúas tardes á biblioteca do centro para buscar información sobre diferentes animais salvaxes.
Cada neno/a fixo unha ficha dun animal salvaxe. Buscou información sobre o seu hábitat, familia, alimentación, características...
Na presentación que podedes ver a continuación están as fichas dos animais que elaboraron os nenos e nenas de primeiro A.

Animais salvaxes

jueves, 26 de febrero de 2009

Teatro: "LIO EN LA GRANJA"

Hoxe á mañá fomos ao Auditorio de Ourense ver unha obra de teatro titulada: "Lio en la granja".
Tratábase dunha granxa onde convivían varios animais. Desapareceu un ovo da señora Galiña, entón todos os animais culpaban a un Corvo que acababa de chegar e non coñecían.
Esta obra trata temas como a tolerancia, a inmigración, o racismo..., a partir dunhas personaxes coñecidas para os nenos/as como son os animais dunha granxa.

viernes, 20 de febrero de 2009

jueves, 19 de febrero de 2009

Xoves de entroido

¿Gústanvos as nosas perrucas e sombreiros?
Mañá temos que ir ao cole coa punta do nariz pintada de cor vermella e logo poñeremos todas as cousas que fomos levando ao cole estes días.
¿De que iremos disfrazados?

miércoles, 18 de febrero de 2009

Mércores de entroido


Parece que chegou a primavera a Primeiroá. Que guapos estamos con estas margaridas!
A consigna para mañá é traer todos unha perruca, un sombreiro ou gorra.

martes, 17 de febrero de 2009

Martes de entroido


Trouxemos as camisas de cores e puxemos as paxariñas.Mañá mércores temos que ir todos ao cole cunha flor na chambra.

lunes, 16 de febrero de 2009

Luns de entroido

Mirade que guapos estamos coas nosas paxariñas vermellas!
Para mañá temos que traer todos unha camisa ou chambra de moitas cores.

viernes, 13 de febrero de 2009

XA CHEGA O ENTROIDO


Hoxe á tarde chegaron ao colexio o Meco e a Meca para anunciarnos a chegada do entroido.

Puxéronnos unha consigna: o luns todos temos que levar posta unha paxariña de cores.

DIA DE SAN VALENTÍN

O Equipo de Normalización Lingüística e o Obradoiro de Valores convocaron o concurso:"Palabras para namorar".
Podíase participar con debuxos, poesías, cartas ou outras mensaxes para namorar.
Os nenos e nenas de Primeiroá fixemos uns debuxos dentro dun corazón.

Palabras para namorar

viernes, 6 de febrero de 2009

martes, 3 de febrero de 2009

Cristovo e o libro das Marabillas

Onte fomos ao auditorio de Ourense ver unha obra de teatro titulada: "Cristovo e o libro das Marabillas".
Todos sabemos da admiración que Cristóbal Colón sentía por Marco Polo. E tamén que o "Libro das marabillas" do mercader veneciano acompañou ao navegante na súa viaxe coa intención de chegar por outra ruta a aquelas "indias" descritas douscentos anos antes.
Esta obra de teatro intenta amosar en Cristovo e as marabillas a un Colón neno ao que o mundo se lle queda pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación.
A súa amiga Sofía e "o libro das marabillas" descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento.

Saída ao auditorio de Ourense

Celebración do día da paz

jueves, 29 de enero de 2009

Día da paz


Durante esta semana estivemos traballando os valores relacionados coa paz e fixemos este mural.
Despois de comer relatábannos contos ou citas relacionadas coa paz.

lunes, 19 de enero de 2009

As familias de Primeiroá

Estamos traballando a unidade didáctica da familia e fixemos un debuxo das nosas familias.

Canción: "A familia"

jueves, 15 de enero de 2009

Nevou no Cole

O día 9 de xaneiro non tivemos cole porque nevou e non podía recollernos o transporte escolar.

Así de bonito estaba o noso cole.