jueves, 26 de febrero de 2009

Teatro: "LIO EN LA GRANJA"

Hoxe á mañá fomos ao Auditorio de Ourense ver unha obra de teatro titulada: "Lio en la granja".
Tratábase dunha granxa onde convivían varios animais. Desapareceu un ovo da señora Galiña, entón todos os animais culpaban a un Corvo que acababa de chegar e non coñecían.
Esta obra trata temas como a tolerancia, a inmigración, o racismo..., a partir dunhas personaxes coñecidas para os nenos/as como son os animais dunha granxa.

viernes, 20 de febrero de 2009

jueves, 19 de febrero de 2009

Xoves de entroido

¿Gústanvos as nosas perrucas e sombreiros?
Mañá temos que ir ao cole coa punta do nariz pintada de cor vermella e logo poñeremos todas as cousas que fomos levando ao cole estes días.
¿De que iremos disfrazados?

miércoles, 18 de febrero de 2009

Mércores de entroido


Parece que chegou a primavera a Primeiroá. Que guapos estamos con estas margaridas!
A consigna para mañá é traer todos unha perruca, un sombreiro ou gorra.

martes, 17 de febrero de 2009

Martes de entroido


Trouxemos as camisas de cores e puxemos as paxariñas.Mañá mércores temos que ir todos ao cole cunha flor na chambra.

lunes, 16 de febrero de 2009

Luns de entroido

Mirade que guapos estamos coas nosas paxariñas vermellas!
Para mañá temos que traer todos unha camisa ou chambra de moitas cores.

viernes, 13 de febrero de 2009

XA CHEGA O ENTROIDO


Hoxe á tarde chegaron ao colexio o Meco e a Meca para anunciarnos a chegada do entroido.

Puxéronnos unha consigna: o luns todos temos que levar posta unha paxariña de cores.

DIA DE SAN VALENTÍN

O Equipo de Normalización Lingüística e o Obradoiro de Valores convocaron o concurso:"Palabras para namorar".
Podíase participar con debuxos, poesías, cartas ou outras mensaxes para namorar.
Os nenos e nenas de Primeiroá fixemos uns debuxos dentro dun corazón.

Palabras para namorar

viernes, 6 de febrero de 2009

martes, 3 de febrero de 2009

Cristovo e o libro das Marabillas

Onte fomos ao auditorio de Ourense ver unha obra de teatro titulada: "Cristovo e o libro das Marabillas".
Todos sabemos da admiración que Cristóbal Colón sentía por Marco Polo. E tamén que o "Libro das marabillas" do mercader veneciano acompañou ao navegante na súa viaxe coa intención de chegar por outra ruta a aquelas "indias" descritas douscentos anos antes.
Esta obra de teatro intenta amosar en Cristovo e as marabillas a un Colón neno ao que o mundo se lle queda pequeno e aborrece a escola. Cristovo quere viaxar e cre que a coraxe e a forza son a súa mellor carta de presentación.
A súa amiga Sofía e "o libro das marabillas" descubriranlle que a máis grande aventura está no coñecemento.

Saída ao auditorio de Ourense

Celebración do día da paz